Tubo xerminativo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un tubo xerminativo (en inglés:germ tube) é unha zona de excrecencia producida polas esporas dos fungos que liberan esporas durante a xerminación. Tamén recibe o nome de tubo xerminativo o producido polo crecemento do pole das plantas superiores.[1]
O tubo xerminativo difernciase, medra e desenvólvese por mitose para crear hifas somáticas.[2]
A proba do tubo xermnativo é unha proba de dignose na cal unha mostra de esporas de fungos póñense en suspensión no soro do sangue e examínase no microscopio para detectar os tubos xerminativos.[3] Esta proba está particularmente indicada para colonias de cor crema en cultivos de fungos en laboratorio, nos cales unha proba positiva de tubo xerminativo é indicativa da presenza do fungo Candida albicans.[3]