A Unidade 731 (en xaponés: 731部隊; Nana-san-ichi Butai) tamén coñecido como Destacamento Manshu 731, Destacamento Kamo[1] ou Unidade Ishii,[2] foi un programa encuberto de investigación e desenvolvemento de armas biolóxicas do Exército Imperial Xaponés, que levou a cabo letais experimentos médicos sobre humanos vivos durante a segunda guerra sino-xaponesa (1937-1945) no marco da segunda guerra mundial.[3] Estímase que asasinaron entre 200.000 e 300.000 persoas. Foi responsábel dalgúns dos máis horribles crimes de guerra cometidos na época moderna. Oficialmente coñecido polo Exército Imperial do Imperio do Xapón como o Laboratorio de Investigación e Prevención Epidémica do Ministerio Político Kempeitai, foi inicialmente instaurado como unha sección política e ideolóxica da policía militar Kenpeitai, coa intención de contrarrestar a influencia político-ideolóxica dos inimigos e reforzar o sistema de unidade militar.

Complexo da Unidade 731. Dous cárceres están agochados no centro do edificio principal.

A unidade foi camuflada como un módulo de purificación de auga situado no distrito de Pingfang, ao nordeste da cidade chinesa de Harbin, parte do goberno monicreque de Manchukuo. Operou a través da propaganda política xaponesa e como un emblema ideolóxico da póla política do exército chamada Kōdōha (Partido Bélico). Na primeira fase, esta sección actuou en contra da propaganda comunista, mais extendeu as súas responsabilidades noutras direccións, tanto no Xapón coma no estranxeiro.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.