Manchukuo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Manchukuomap
Remove ads

Manchukuo, oficialmente o Estado de Manchuria antes de 1934, e o Imperio de Manchuria após 1934, foi un estado monicreque do Imperio do Xapón no nordeste da China e en Mongolia Interior dende 1932 até 1945. Foi fundado como república en 1932 despois da invasión xaponesa de Manchuria, e en 1934 converteuse nunha monarquía constitucional. Baixo o control de facto do Xapón, tivo un recoñecemento internacional limitado.

Datos rápidos Himno, Lema ...

A área era o fogar do pobo manchú, ao cal pertenceron os emperadores da dinastía Qing. En 1931, a rexión foi tomada polo Xapón despois do incidente de Mukden. Un goberno proxaponés foi instalado un ano despois con Puyi, o derradeiro emperador Qing, primeiro como rexente nominal e posteriormente como emperador.[1] O goberno de Manchukuo foi disolto en 1945 despois da rendición do Imperio Xaponés e o remate da segunda guerra mundial. Os territorios reclamados por Manchukuo foron tomados por primeira vez na invasión soviética de Manchuria en agosto de 1945,[2] e logo foron transferidos formalmente á administración chinesa no ano seguinte.[a]

Os manchús formaban unha minoría en Manchukuo, cuxo meirande grupo étnico eran os chineses han. A poboación de coreanos incrementouse durante o período Manchukuo, así o número de xaponeses, mongois, rusos brancos e outras minorías. As rexións mongois do oeste de Manchukuo estaban gobernadas baixo un sistema lixeiramente diferente en recoñecemento das tradicións mongois alí presentes. A parte meridional da península de Liaodong (no presente Dalian) foi gobernada directamente polos xaponeses como o territorio de Kwantung até o remate da segunda guerra mundial.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads