Unified Medical Language System

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Sistema de Linguaxe Médica Unificada (en inglés, Unified Medical Language System, UMLS) é un compendio de moitos vocabularios controlados das ciencias biomédicas, creado en 1986.[1]

Datos rápidos Tipo, Ligazóns ...

O UMLS consiste en fontes de coñecemento (bases de datos) e un conxunto de ferramentas de software; o sistema está destinado a ser empregado principalmente por desenvolvedores de sistemas de informática biomédica. Tamén achega a base para o Procesamento de linguaxe natural; achega unha estrutura de mapeado entre estes vocabularios e, polo tanto, permite traducir verbas entre os diferentes sistemas de terminoloxía. Tamén se pode considerar un tesaurus e un dicionario de ontoloxía integral de conceptos biomédicos.

O UMLS foi deseñado e é mantido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (US National Library of Medicine), que o actualiza trimestralmente e que se pode empregar de de balde. O proxecto foi iniciado en 1986 por Donald A.B. Lindberg, doutor en medicina, cando era director da Biblioteca de Medicina.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads