From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Demócrata Independiente (UDI) é un partido político chileno de dereita[1][2]. O partido foi fondado no 24 de setembro de 1983 como un movemento político por o seu principal precursor chamado Xaime Guzmán, un avogado, político e un profesor universitario, quen establece os cimentos das políticas clave do réxime militar do país e tamén foi senador desde 1990 ata o seu asasinato no 1 de abril de 1991 polo Frente Patriótico Manuel Rodríguez. As súas orixes remóntanse ao movemento ideolóxico gremial nacido na Pontificia Universidade Católica de Chile no ano 1966, o partido caracterízase por fomentar a independencia e a despolitización dos corpos intermedios da sociedade do país. A UDI, en conxunto coa Renovación Nacional e outros movementos pequenos, conforman unha coalición dos partidos de dereita chamada Coalición por el Cambio, que é o sucesor da Alianza por Chile e subiu ao poder en marzo de 2010, tras a vitoria das eleccións presidenciais realizada en xaneiro de 2010. O partido é no presente o maior partido político no Congreso do país. O presidente do partido é Patricio Melero.
Unión Demócrata Independente | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 24 de setembro de 1983 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Gremialismo Conservatismo Conservadorismo social Liberalismo económico Economía Social de Mercado |
Outros datos | |
Sede | Suecia 286, Providencia, Santiago de Chile |
Na rede | |
www.udi.cl | |
Lista dos candidatos presidenciais apoiados pola UDI.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.