From Wikipedia, the free encyclopedia
O vector de onda é un vector que apunta na dirección de propagación da onda en cuestión e cunha magnitude que é o número de onda. A súa expresión matemática é:
onde é a dirección da propagación da onda. Deste modo, para unha onda xenérica teremos que:
O formalismo mediante o vector de onda permite ver rapidamente que as ondas electromagnéticas planas son transversais, é dicir, a oscilación do campo eléctrico e magnético é perpendicular á dirección de propagación da onda e perpendiculares entre si.
Para demostrar isto consideramos unha onda electromagnética plana da forma:
Supoñendo unha rexión do espazo sen densidade de carga , a lei de Gauss para a diverxencia do campo eléctrico lévanos a que:
De onde obtemos a perpendicularidade entre o campo eléctrico e a dirección de propagación:
(*)
Usando agora a lei de Faraday para o rotacional do campo eléctrico temos:
(**)
De (), polas propiedades do produto vectorial, dedúcese:
Polo tanto das expresións () e () pode concluírse que o campo eléctrico é perpendicular ao vector de onda, e polo tanto á dirección de propagación, e que o campo magnético é perpendicular tanto á dirección de propagación como ao campo eléctrico, formando os vectores un triedro que en cada punto do espazo constitúe unha base vectorial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.