compositor xudeu From Wikipedia, the free encyclopedia
Viktor Ullman, nado o 1 de xaneiro de 1898 na localidade silesia de Teschen (daquela no Imperio Austrohúngaro e agora dividida entre Český Těšín, na República Checa, e Cieszyn, en Polonia) e finado o 18 de outubro de 1944 nunha cámara de gas en Auschwitz, foi un pianista, director de orquestra e compositor musical.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1898 Český Těšín (pt) |
Morte | 18 de outubro de 1944 (46 anos) Auschwitz-Birkenau, Polonia |
Causa da morte | homicidio, asfixia |
Lugar de sepultura | Auschwitz |
Datos persoais | |
Residencia | Silésia Austríaca (pt) Praha XII (en) Stuttgart |
País de nacionalidade | Austria |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas |
Ocupación | compositor , director de coro , pianista , director de orquestra , crítico musical |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera, música clásica e Atonalismo |
Profesores | Arnold Schönberg |
Lingua | Lingua alemá |
Instrumento | Piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Cronoloxía | |
16 de outubro de 1944-18 de outubro de 1944 | Transport Er from Theresienstadt,Ghetto,Czechoslovakia to Auschwitz Birkenau,Extermination Camp,Poland on 16/10/1944 (en) |
8 de setembro de 1942-8 de setembro de 1942 | Q104055259 |
Os pais de Ullman, de orixe xudía, convertéranse ao catolicismo antes do seu nacemento, polo que foi bautizado e educado nesa fe cristiá.[3] Neste senso seguiu os pasos doutro célebre director e compositor: Gustav Mahler.[4]
O seu pai foi coronel na primeira guerra mundial, na que loitou con recoñecemento honorífico por Alemaña, o mesmo país que anos despois levou a cabo o Holocausto que acabou coa vida do seu propio fillo. Nesa mesma guerra, Viktor seguiu os pasos do seu pai e presentouse voluntario para cumprir o servizo militar, para o que foi destinado a Isonzo (na fronte italiana). Conseguiu o grao de tenente e a autorización para proseguir os seus estudos ao finalizar a guerra.
Matriculouse en dereito na Universidade de Viena. En outubro de 1918 foi aceptado como alumno polo prestixioso músico austríaco Schöenberg, un dos compositores máis importantes de todos os tempos, e con el estudou contrapunto, formas musicais e orquestración, ao mesmo tempo que se convertía nun excelente pianista, cun futuro realmente prometedor.[5]
En 1919 trasladouse a Praga para se dedicar por completo á música, continuando a súa formación con Zemlinsky. Alí dirixiu a orquestra do Novo Teatro Alemán de Praga (1922-1927) e estrou en 1923 7 lieder mir Klavier ("Sete lieder para piano"). En 1925 compuxo Schönberg Variatioren ("Variacións Schönberg"), estreadas o ano seguinte en Praga cunhas crítica excepcional, sobre todo tendo en conta a madureza amosada polo compositor malia contar daquela con apenas 27 anos.[6]
Tamén exerceu como compositor e director da orquestra suíza Schauspielhaus, en Zürich, entre o 1929 e 1936, e foi libreiro en Stuttgart, Alemaña, nos primeiros anos da década de 1930.[7]
Ao seu regreso a Praga en 1933 estudou composición con Alois Hába e, en 1936, gañou o premio Mertzka pola súa ópera Der Sturz des Antichrist ("A caída do Anticristo").[8][9][10]
O 8 de setembro de 1943 foi deportado ao campo de concentración de Teresienstadt, onde coincidiu con outros compositores xudeus como Pavel Haas ou Hans Krása), e alí escribiu Der Kaiser von Atlantis ("O emperador da Atlántida"), unha das obras máis importantes escritas xamais en tempos de catividade.[11][12] O 16 de outubro de 1944 foi trasladado o Auschwitz, onde morreu nunha cámara de gas dous días despois.[13]
Toda a súa música pode inscribirse na estética expresionista, aínda que sempre cunha construción melódica moi coñecedora da tradición clásica. Este estilo caracterízase principalmente por intentar transmitir emocións a través da música, deixando nun segundo plano de importancia a beleza das melodías, que son puras, sen adorno ningún, afondando só nos sentimentos humanos.[14]
Ata o momento da súa deportación, a súa obra constaba de 41 composicións, entre as que había tres sonatas para piano, dous ciclos de lieder con textos de varios poetas, dúas óperas (unha perdida e outra recuperada) e o concerto para piano op. 25, que terminou en decembro de 1939, nove meses antes da entrada das tropas nazis en Praga.[15][16]
A maior parte destas obras desapareceron, ao perdérense os manuscritos durante a ocupación alemá; outras continúan inéditas en manuscrito e só unhas poucas están xa publicadas, o que implica que a maioría da súa obra non se poida nin consultar nin interpretar, xa que as orquestras non teñen acceso a elas. Os manuscritos atópanse gardados en arquivos, só accesibles para investigadores, pero case non existen rexistros sonoros.[17]
Der Kasier van Atlantis ("O emperador de Atlántida") foi escrita en 1944 no campo de concentración de Therensisthtadt, destinado para o confinamento de músicos e artistas. Porén, non se chegou a estrear ata 1975, nos Países Baixos, 31 anos despois da súa composición, xa que antes do día de estrea prevista no campo de concentración, nun ensaio, os vixiantes nazis percibiron que o personaxe principal, o cantante protagonista, supuña unha parodia de Hitler e prohibiron a estrea.[18][19] Unha das representacións máis importantes desta obra, que se converteu nun símbolo do Holocausto, tivo lugar no Teatro Real en Madrid, no ano 2016.[20][21]
Pódese observar que o tratamento das voces non é virtuoso e foxe dos adornos, xa que se pretende manter un ton moi próximo ao falar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.