From Wikipedia, the free encyclopedia
Vipsania Agripina, nada no ano 36 a. C. e finada no ano 20, foi unha nobre romana, filla de Marco Vipsanio Agripa e da súa primeira esposa, Cecilia Ática.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 33 a. C. |
Morte | 20 (51/52 anos) Roma |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Período de tempo | Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Vipsanii Agrippae (en) |
Cónxuxe | Caio Asínio Galo (11 a. C.–20) Tiberio , divorcio |
Fillos | Druso (pt) () Tiberio Asinius Gallus (en) () Caio Asínio Galo (pt) Asinius Lupus (en) () Caio Asínio Galo (pt) Asinius Saloninus (en) () Caio Asínio Galo (pt) Gnaeus Asinius (en) () Caio Asínio Galo (pt) Marco Asínio Agripa (pt) () Caio Asínio Galo (pt) Caio Asínio Polião (pt) () Caio Asínio Galo (pt) Sérvio Asínio Céler (pt) () Caio Asínio Galo (pt) Claudia/Claudius (en) () Tiberio Asinia (en) () Caio Asínio Galo (pt) |
Pais | Marco Vipsanio Agripa e Cecília Ática (pt) |
Irmáns | Agripina (pt) , Júlia, a Jovem (pt) , Vipsânia Marcela (pt) , Caio César, Lucio César, Agripa Póstumo (pt) , Vipsania (esposa de Varo) e Vipsania Attica (en) |
No ano 20 a. C. converteuse na primeira esposa de Tiberio,[1] quen posteriormente sería o sucesor do emperador Augusto. No ano 13 a. C. tivo un fillo do seu marido, chamado Tiberio Druso Claudio, aínda que sempre foi máis coñecido como Druso o Novo (Drusus Minor) para distinguilo de seu tío paterno, Nero Claudio Druso, coñecido como Druso o Vello, irmán máis novo de Tiberio. Mais ao pouco deste nacemento, o emperador Augusto instou a Tiberio a divorciarse de Vipsania a pesar do amor que este lle profesaba. Tiberio tivo que casar coa filla do emperador, Xulia a Maior, quen enviuvara por segunda vez, agora de Marco Vipsanio Agripa. Vipsania rara vez se volvería a cruzar con Tiberio.
No ano 11 a. C., Vipsania volvería a casar, deste vez, con Gaio Asinio Galo,[2] un locuaz senador que sempre se opuxo ás directrices que posteriormente marcaron o emperador Tiberio e o seu secuaz Sexano. Vipsania deulle seis fillos até a súa morte, no ano 20.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.