![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Volvo_Powertrain.jpg/640px-Volvo_Powertrain.jpg&w=640&q=50)
Volvo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles turismos, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/41/Volvo_XC90_II%2C_August_2014%2C_02.jpg/640px-Volvo_XC90_II%2C_August_2014%2C_02.jpg)
Volvo Personvagnar AB | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 14 de abril de 1927 |
Matriz | Zhejiang Geely Holding Group |
Localización | Gotemburgo ![]() |
Fundador | SKF, Assar Gabrielsson e Gustav Larson |
Persoas clave | Li Shufu (Director), Stefan Jacoby (Presidente e CEO), Hans-Olov Olsson (Vice Presidente) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles Motores |
Número de empregados | 21.512 (2011) |
Na rede | |
https://www.volvogroup.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson. En 1999 vendeu a filial Volvo Car Corporation a Ford Motor Company, que á súa vez a vendeu en 2010 á empresa chinesa Geely Automobile.[1]
O nome da empresa vén do latín, do verbo "rodar". O emblema, o círculo e a frecha, é o símbolo do deus grego Apolo, usado polos alquimistas para referirse ao aceiro co que se fabricaron os primeiros vehículos.
Son os organizadores da Volvo Ocean Race, a regata que dá a volta ao mundo mediante embarcacións de vela.