poeta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
William Carlos Williams, nado en Rutherford (Nova Jersey) o 17 de setembro de 1883 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 1963, foi un escritor estadounidense vinculado ao modernismo e ao imaxismo. É especialmente coñecido pola súa obra poética.
(1921) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1883 Rutherford, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 4 de marzo de 1963 (79 anos) Rutherford, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Hillside Cemetery (en) Nova Jersey |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e actividade literaria |
Ocupación | poeta , médico escritor , crítico literario , autobiógrafo , médico , escritor |
Membro de | |
Movemento | Poesia moderna (pt) , Imagismo (pt) , Xeración beat e Obxectivismo (poesía) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios
| |
Ademais de exercer como médico e de escribir dramas e prosa variada, Williams é un dos poetas modernistas máis innovadores e admirados. Foi condiscípulo dos poetas Ezra Pound e Hilda Doolittle, e nos primeiros poemas acusou a influencia do imaxismo.
Máis tarde converteuse en impulsor do uso literario da fala coloquial. O seu bo oído para os ritmos naturais do inglés falado axudouno a liberar a poesía da métrica que imperaba na versificación en inglés dende o Renacemento. Superada a tendencia imaxista, foi un poeta de gran sinxeleza expresiva e de fácil comprensión, con certo gusto pola adiviña, interesado na constante experimentación e na intimidade lírica. Como outros modernistas, procurou diluír a figura do poeta, deixando que falase o poema por si. Non buscou os símbolos nas cousas senón máis ben as propias cousas, que expresa imitando a fluidez da fala.
Williams cre que a realidade obxectiva esperta a imaxinación de quen a percibe, e non o proceso inverso. Utiliza o verso libre e a disposición visual das liñas marca a estrutura poética. Na súa obra Paterson, escrita ao longo de varios anos, mestura poesía, prosa e colaxe incluíndo mesmo fragmentos de publicidade. Constitúe unha especie de biografía épica dun doutor-poeta, pero formalmente consiste nunha montaxe de escenas e de imaxes, con poucos verbos que as vinculen explicitamente.
Williams naceu en Rutherford, Nova Jersey de pai inglés e nai portorriqueña parcialmente descendente de franceses.[1] A súa obra ten unha grande afinidade coa pintura, na que tivo un grande interese. Recibiu a súa educación primaria e secundaria en Rutherford ata 1897, cando foi enviado a unha escola próxima a Xenevra e ao Lycée Condorcet de París. Asistiu á Horace Mann School tralo regreso a Nova York e tras superar un exame especial, foi admitido en 1902 na escola de medicina da universidade de Pensilvania, da que se graduou en 1906.[2][3] Tras acabar a carreira, fixo prácticas no Hospital Francés e no Hospital para Nenos de Nova York antes de marchar a Leipzig para realizar estudos avanzados en pediatría.[2] Publicou o seu primeiro libro, Poems, en 1909.
Williams casou con Florence Herman (1891–1976) en 1912, tras volver de Alemaña.[2] Mudáronse a unha casa en Rutherford, que foi o seu fogar durante moitos anos. Pouco despois, o seu segundo libro de poemas, The Tempers, foi publicado por unha editorial de Londres grazas á axuda do seu amigo Ezra Pound, a quen coñecera mentres estudaba na universidade. Arredor de 1914, tivo o seu primeiro fillo, William E. Williams, ao que seguiu Paul H. Williams, en 1917.[4] O seu primeiro fillo tamén se converteu en médico.[5]
Aínda que a súa ocupación principal era a de médica de familia, Williams tivo unha carreira de éxito como poeta. Ademais de poesía, escribiu ocasionalmente relatos, obras de teatro, novelas, ensaios e traducións. Practicaba a medicina polo día e escribía pola noite. A comezos da súa carreira, viuse envolto no movemento coñecido como imaxismo pola súa amizade con Pound e H.D., mais axiña comezou a manter opinións que diferían daqueles e o seu estilo cambio cara ao modernismo.
En 1920, Williams foi moi criticado por moitos dos seus colegas (como H.D., Pound e Wallace Stevens) cando publicou un dos seus libros máis experimentais, Kora in Hell: Improvisations. Pound definiu a obra como "incoherente" e H.D. considerou que o libro era "frívolo".[6] A artista e poeta dada Baroness Elsa criticou as políticas artísticas e sexuais de Williams na crítica como poema en prosa titulada "Thee I call 'Hamlet of Wedding Ring'", publicada en The Little Review en marzo de 1921.[7]
Tres anos máis tarde, Williams publicou un dos seus libros seminais de poesía, Spring and All, que contiña poemas clásicos como "By the road to the contagious hospital", "The Red Wheelbarrow" e "To Elsie". Porén, en 1922, o ano en que se publicou, a aparición de The Waste Land, de T. S. Eliot converteuse nunha sensación literaria e eclipsou a moi diferente poética modernista de Williams. Na súa autobiografía, escribiu máis tarde, "sentín de primeiras que The Waste Land me enviara vinte anos atrás e estou seguro de que o fixo. Criticamente, Eliot enviounos de volta á aula xusto no momento en que sentín que estabamos un punto de escape cara a asuntos moito máis próximos á esencia na nova arte enraizada ela mesma na localidade que debería de dar froito". E aínda que respectaba a obra de Eliot, Williams volveuse abertamente crítico contra o estilo altamente intelectual de Eliot co seu frecuente uso de linguas estranxeiras e alusións á literatura clásica e europea.[8] Pola contra, Williams prefería o inglés estadounidense coloquial.[9]
No colaxe épico modernista titulado Paterson (publicado entre 1946 e 1958), unha representación da historia, o pobo, e a esencia de Paterson, Nova Jersey, Williams escribiu o seu propio poema épico moderno, centrándose no "local" nunha escala máis ampla do que intentara previamente. Tamén examinou a personaxe do poeta na sociedade estadounidense e resumiu o seu método poético coa frase "No ideas but in things" (non nas ideas, senón nas cousas, atopado no seu poema "A Sort of a Song" e repetido novamente en Paterson).
Nos seus últimos anos, Williams foi mentor e influír a moitos poetas novos. Tivo unha especial influencia en moitos movementos literarios estadounidenses da década de 1950, incluíndo o movemento Beat, o renacemento de San Francisco, a escola Black Mountain e a escola de Nova York.[10] Unha das máis dinámicas relacións como mentor foi a que mantivo co poeta Allen Ginsberg. Williams incluíu varias cartas de Ginsberg en Paterson, afirmando que unha delas o axudara a inspirarse na quinta sección da obra. Williams tamén escribiu a introdución do primeiro libro importante de Ginsberg, Howl and Other Poems, en 1956.
Williams sufriu un ataque ao corazón en 1948 e, a partir de 1949, unha serie de ataques. Unha depresión grave tras un dos ataques causou que fose internado en Hillside Hospital, Nova York, durante catro meses en 1953. Faleceu en 1963, aos 79 anos na súa casa de Rutherford.[11][12] Foi enterrado no cemiterio de Hillside Cemetery en Lyndhurst, Nova Jersey.[13]
Durante a década de 1930, Williams comezou a traballar nunha ópera, The First President, que trataría sobre George Washington e a súa influencia na historia dos Estados Unidos.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.