astrónoma From Wikipedia, the free encyclopedia
Williamina Paton Stevens Fleming, coñecida como Mina Fleming, nada en Dundee o 15 de maio de 1857 e finada en Boston o 21 de maio de 1911, foi unha astrónoma estadounidense de orixe escocesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Williamina Paton Stevens 15 de maio de 1857 Dundee |
Morte | 21 de maio de 1911 (54 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte morrida |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn (pt) |
Datos persoais | |
Residencia | Boston (1878–) |
País de nacionalidade | estadounidense |
Director de tese | Edward Charles Pickering (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónoma |
Empregador | Harvard College Observatory (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | James Orr Fleming |
Fillos | Edward Fleming |
Asistiu á escola pública de Dundee, e aos 14 anos xa axudaba no ensino dos rapaces. Exercía de mestra ao tempo que aprendía como alumna, mediante o sistema pupil-teacher[1]. En maio de 1877, con 20 anos, casou con James Orr Fleming. O ano seguinte trasladouse aos EUA e asentouse en Boston, Massachusetts. Tras quedar embarazada en 1879, o seu marido abandonouna, co que se viu obrigada a encontrar traballo para mantérense ela e o seu fillo Edward.[2]
Traballou como empregada do fogar na casa de Edward Charles Pickering, profesor de astronomía e director do Hardvard College Observatory. Pickering, frustrado co seu asistente masculino, declarou que a súa asistenta podería levar a cabo o traballo mellor.
Así, en 1881 Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas de oficina e algúns cálculos matemáticos. Porén, axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas. Estas foron empregadas para facer cálculos matemáticos, un proceso que na actualidade fan as computadoras. Mina dirixíaas cunha disciplina implacable, polo que era temida e admirada a partes iguais. Amais, corrixiu todos os orixinais das publicacións do observatorio.
Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que consistía en asignar unha letra segundo a cantidade do hidróxeno observado no espectro atómico. As estrelas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a Annie Jump Cannon como base de traballo, que foi mellorado ao desenvolver unha clasificación baseada na temperatura. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.
Fleming contribuíu na confección do catálogo Henry Draper, e nun período de nove anos catalogou máis de 10 000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 nebulosas gasosas, 310 estrelas variables e 10 novas. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En 1907 publicou unha lista con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en 1910 descubriu propiedades dos espectros das ananas brancas, estrelas moi densas e moi quentes.
En 1888 Fleming descubriu a nebulosa Cabeza de Cabalo. William Pickering, quen tomou a fotografía, especulou con que naquel lugar houbese materia escura oculta. Nos artigos e libros seguintes, Williamina Fleming non aparece nos créditos. John Dreyer, principal encargado de recompilar información para o primeiro Catálogo Índice, eliminou o seu nome da lista de obxectos que descubriron e atribuiulle todas as achegas a Pickering. Porén, no segundo Catálogo Índice de 1908, Fleming recibiu os créditos que lle correspondían.
En 1899 Fleming recibiu o título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en Harvard, o primeiro cargo institucional en Harvard concedido a unha muller. [2]En 1906 logrou unha praza honoraria na Royal Astronomical Society de Londres, a primeira muller en ser elixida, e conseguiu un premio honorario do Wellesley College. Pouco despois da súa morte, a Sociedad Astronómica de México galardoouna coa medalla Guadalupe Almendaro polo descubrimento de novas estrelas.
A conexión desta astrónoma con Galicia débese a que o seu avó naceu durante a Batalla de Elviña na Coruña.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.