From Wikipedia, the free encyclopedia
A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebraba cada seis anos na cidade de Vigo. A última edición celebrouse en 2009.
Tivo doce edicións, seis delas en Vigo. Inicialmente celebrouse en Londres cada dous anos desde 1963. En 1971 pasou a celebrarse en Dublín, e a seguinte edición xa foi en Vigo, tendo lugar as seguintes edicións en 1985, 1991, 1997, 2003 e 2009. Alfonso Paz-Andrade foi secretario xeral na edición de 1973 e é presidente do comité executivo dende 1985. A edición de 1973, a primeira celebrada en Vigo, trouxo 372 empresas do sector de vinte países distintos, con máis de 160.000 visitas. Supuxo a primeira visita a España dun ministro da Unión Soviética desde 1939, Alexander Ishokov. Dende o ano 1985 faise coincidir coa Conferencia Europea de Ministros de Pesca.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.