Xoscelino I, conde de Edesa
Conde de Edesa (1072-1131) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoscelino I, conde de Edesa, nado en Courtenay, Loiret, reino de Francia, e finado en 1131, foi un nobre franco da Casa de Courtenay que gobernou como señor de Turbessel, príncipe de Galilea (1112-1119) e conde de Edesa (1118-1131). O condado de Edesa alcanzou o cénit durante o seu goberno. Foi un dirixente belicoso e, malia ser capturado en dúas ocasións, Xoscelino continuou expandindo o seu condado e, mesmo, participou na batalla de Azaz en 1125. Foi gravemente ferido durante o colapso dunha mina de zapadores, mais Xoscelino marchou co seu exército para aliviar a fortaleza asediada de Kaysun, e morreu pouco despois.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1072 (Gregoriano) Courtenay |
Morte | 1131 (Gregoriano) (58/59 anos) Şanlıurfa |
Lugar de sepultura | Santo Sepulcro |
Conde de Edesa | |
1118 – 1131 | |
Príncipe de Galilea e señor de Tiberíades | |
1112 – 1119 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | gobernante , monarca , realeza , feudatario , político |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Conde de Edesa (1118–1131) Príncipe de Galilea e señor de Tiberíades (1112–1119) |
Familia | Casa de Courtenay |
Cónxuxe | Beatriz de Armenia Marie de Hauteville |
Fillos | Xoscelino II de Edesa () Beatriz de Armenia Estefanía de Courtenay |
Pais | Xoscelino de Courtenay e Elizabeth of Montlhéry (en) |
Irmáns | Miles de Courtenay e Hodierne de Courtenay |
Pechar