Xuramentos de Estrasburgo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xuramentos de Estrasburgo (Sacramenta Argentariae) son uns xuramentos de axuda mutua prestados o 14 de febreiro de 842 entre dous dos netos de Carlomagno, Carlos o Calvo e Lois o Xermánico, contra o seu irmán Lotario, onde se atopa a primeira testemuña dunha lingua romance falada en Francia, xa claramente distinta do latín, que marcan o nacemento da lingua francesa.
Os Xuramentos de Estrasburgo foron declarados e redactados neste protofrancés e en "teudisca lingua", (lingua xermánica), por cada un dos monarcas na lingua do outro, e despois polas súas tropas, de modo que todo o mundo o comprendera.
Foron transcritos por Nitardo, outro neto de Carlomagno, e ilustran o momento en que o latín literario, empregado nos documentos, deixou de ser inintelixible ao pobo.