Zeltia
grupo de empresas química-farmacéutica e de biotecnoloxía de orixe galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zeltia era un grupo galego de empresas químico-farmacéuticas e de biotecnoloxía. Estaba composto polas empresas biofarmacéuticas PharmaMar (produtos antitumorais de orixe mariña), Noscira (fármacos para enfermidades neurodexenerativas), Sylentis (fármacos baseados en silenciamento xénico - RNAi), Zelnova (insecticidas, ambientadores), Xylazel (produtos de protección da madeira) e Genomica (análise molecular).
- Este artigo é sobre a empresa química. Para saber sobre o desaparecido equipo de fútbol Zeltia Deportiva Porriño, vexa Porriño Industrial Club de Fútbol.
Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Zeltia | |
---|---|
Zeltia | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1939 |
Matriz | Pharmamar |
Localización | Avda. De los Reyes, 1 Pol. Ind. La Mina-Norte 28770-Colmenar Viejo Madrid |
Fundador | Irmáns Fernández López |
Persoas clave | José María Fernández Sousa (presidente) |
Industria | Química |
Produtos | Zelnova, Xylazel, Pharma Mar, Noscira, Genomica e Sylentis |
Beneficio | 76 millóns de dólares (en 2009) |
Na rede | |
http://www.zeltia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O grupo Zeltia cotizaba na bolsa (co identificativo ZEL), e aposta pola I+D como eixo da súa actividade.
En 2015 fusionouse inversamente coa súa filial PharmaMar. Outras empresas tamén coa súa orixe en Zeltia, Zendal e Zelnova naceron a partir da venda de filiais.[1]