Zinedine Zidane
adestrador e exfutbolista francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un exfutbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003. En 2004 foi elixido nunha enquisa por Internet promovida pola UEFA como O Mellor futbolista europeo dos últimos 50 anos.[1]
Desenvolvíase na posición de mediapunta. Zidane era un mediocampista de gran técnica, preciosista, cunha gran visión de xogo e con toques xeniais.[2] Pese á súa calidade pasaba por longos períodos de irregularidade, non obstante terminaba as tempadas como un dos máis destacados do equipo.[3]