A zona económica exclusiva (ZEE) ou o mar patrimonial é unha faixa marítima de 200 millas (370,4 km) máis aló da liña base costeira (augas interiores). O seu baseamento está na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito no Mar de 1982.
No caso de Galiza as augas interiores son as rías e a extensión máis próxima de auga que queda entre os puntos máis afastados da costa unidos entre si. Dende esa liña base de costa as seguintes 12 millas (22,2 km) son as chamadas augas territoriais. As doce millas seguintes a elas son as chamadas augas adxacentes. Na fixación destas faixas non se teñen en conta os baixos, rochas ou pequenas illas non habitables afastadas da costa e sen poboación (artigo 121). A liña de costa está delimitada pola baixamar segundo se indica nas cartas náuticas, artigo 5 da Convención do Mar.
A ZEE en Galiza equivale a 7,8 veces a súa superficie e supón preto do 30% da ZEE de España. Limita con dúas fronteiras nacionais: Francia e Portugal, e co océano Atlántico (mar aberto).
A separación con Francia está no límite entre Galiza e Asturias, en Ribadeo e non chega a 200 millas. E no sur no Miño con Portugal. Nesta zona a ZEE de Galiza ten 200 millas e incluso máis contando a plataforma continental estendida sobre a que o Goberno de España reclama a súa soberanía. Esta posibilidade de estender a reclamación territorial máis alá das 200 millas, pola existencia de plataforma continental, é o que xerou conflitos como a Guerra do fletán con Canadá en 1995. A xestión e administración da ZEE corresponde ao Goberno de España.
Xurisdición | Área | Porcentaxe de España |
---|---|---|
Augas interiores | 2.626 km² | 17,89% |
Mar territorial | 8.316 km² | 8,18% |
Zona contigua | 9.202 km² | 7,85% |
ZEE en Galiza | 224.832 km² | 29,65% |
Plataforma continental ampliada | 38.182 km² | 100% |
Xurisdición 1 | 232.192 km² | - |
Xurisdición 2 | 273.956 km² | 24,45% |
Lonxitude | Porcentaxe de España |
---|---|
1.562 km | 20,82% |
- Notas
- Xurisdición 1: Zona en disputa con Francia e Portugal, por definir límites.
- Xurisdición 2: Zona reclamada por España.
Dereitos nacionais
A ZEE dálle o dereito de soberanía ao estado para explorar, administrar, conservar e explotar os recursos naturais (artigo 56) incluída a explotación enerxética como no caso do Gran Burato ou na eólica off-shore.
Dereitos internacionais
Tódolos estados, teñan ou non litoral, teñen os seguintes dereitos na ZEE:
- Liberdade para navegar e sobrevoar (artigo 17).
- Liberdade para tirar cables e tubos submarinos (artigo 58).
- Liberdade para a pesca limitada e controlada polo estado litoral (artigos 61 e 62).
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.