Ácido caprílico
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ácido caprílico, tamén chamado ácido octanoico é un ácido graxo saturado de 8 carbonos. Os seus compostos encóntranse de forma natural no leite de varios mamíferos, e como constituíntes menores do aceite de coco e de palma.[5] É un líquido oleoso que é minimamente soluble en auga e ten un cheiro e sabor a rancio lixeiramente desagradable.[1]
Hai outros dous ácidos que se nomean a partir da palabra cabra cos que non se debe confundir, que son o caproico (C6) e o cáprico (C10). Estes tres ácidos supoñen en conxunto o 15% das graxas do leite de cabra.
Remove ads
Usos
O ácido caprílico úsase comercialmente na produción de ésteres utilizados en perfumería e tamén na fabricación de tinguiduras.
O ácido caprílico é un pesticida antimicrobiano utilizado como un desinfectante en contacto coa superficie do alimento en instalacións e equipamentos relacionados coa manipulación e procesamento de alimentos e bebidas. Tamén se usa como desinfectante en instalacións sanitarias, escolas, instalacións veterinarias, instalacións industriais, edificios de oficinas, instalacións recreativas, comercios, locais para o gando, restaurantes, e hoteis. Ademais, o ácido caprílico utilízase como alxicida, bactericida, e funxicida en garderías, invernadoiros, centros de xardinería. Os produtos que conteñen ácido caprílico formúlanse como líquidos concentrados solubles e líquidos listos para usar.[6]
Para que a hormona ghrelina teña unha acción estimulante do apetito sobre o hipotálamo, debe unirse ácido caprílico (ou outros ácidos graxos) a un residuo de serina situado na posición 3 da ghrelina.
O cloruro de acilo do ácido caprílico utilízase na síntese do ácido perfluorooctanoico.
Usos na dieta
O ácido caprílico pode tomarse como supremento da dieta.
Algúns estudos indican que os triglicéridos de cadea media (que conteñen ácidos graxos de cadea media, entre eles o ácido caprílico) poden axudar no proceso de queima do exceso de calorías, e na perda de peso.[7][8][9][10] Os triglicéridos de cadea media tamén promocionan a oxidación de ácidos graxos e reducen a inxestión de alimentos.[11] Tamén houbo interese nos triglicéridos de cadea media entre os atletas de resistencia e os culturistas.[12]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads