Ácido tartárico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ácido tartárico é un ácido carboxílico. A súa fórmula é: HOOC-CHOH-CHOH-COOH, con fórmula molecular . O seu peso molecular é 150 . C4H6O6. Contén, por tanto, dous grupos carboxílicos e dous grupos alcohol nunha cadea de hidrocarburo lineal de lonxitude catro. Pode considerarse un azucre ácido do grupo dos ácidos aldáricos.
Remove ads
Orixe e síntese

Este ácido, que se atopa en moitas plantas, era xa coñecido polos gregos e os romanos e atópase na natureza en forma de tartarato ácido de potasio no zume da uva.
Foi illado por primeira vez o ano 1769 polo químico sueco Carl Wilhelm Scheele. Posúe un [[pKa]] de 3,036, e considerase un ácido débil.
Aplicacións
Emprégase a escala industrial, na preparación de bebidas efervescentes como gasosas.
Tamén se emprega en fotografía e vernices e unha variante coñecida como sal de Rochelle constitúe un suave laxante.
Nalgunhas das súas formas, o ácido tartárico emprégase como condimento para a comida, onde se coñece como cremor tártaro. Emprégase en diversas receitas, especialmente en repostaría e confeitaría para aumentar o volume de masas e preparacións facéndoo reaccionar con bicarbonato para obter un sucedáneo de fermentación; emprégase tamén para estabilizar claras de ovo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads