Ápidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ápidos
Remove ads

A dos ápidos (Apidae) é unha familia de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, unha das numerosas comprendidas na superfamilia dos apoideos.

Máis información ÁpidosApidae, Clasificación científica ...
Artigo principal: Abella.

Constitúe un numeroso grupo de abellas que inclúe a abella común (Apis mellifera), a máis coñecida, as abellas sen aguillón, as abellas parasitas, e os abesouros, ademais doutros grupos menos coñecidos, como as abellas albanel ou osmia.[1][2]

Moitas das súas especies son valiosas polinizadoras en hábitats naturais e nos cultivos agrícolas.[3]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille.

Etimoloxía

O nome científico Apidae está formado polos elementos do latín científico ap- e -ĭdea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Apis, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das familias de animais.[4]

Subfamilias

A familia comprende tres subfamilias:[5]

  • Apinae, que comprende as abellas propiamente ditas, e entre elas as abellas produtoras de mel.
  • Nomadinae, as abellas parasitas.
  • Xylocopinae, as chamadas abellas carpinteiras.
Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads