Apis (xénero)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Apis é un xénero de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, superfamilia dos apoideos, familia dos ápidos e subfamilia dos apinos, o único que integra a tribo dos apini.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Apis (homónimos).
O xénero inclúe varias especies de abellas produtoras de mel ou abellas melíferas.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito por Linneo na décima edición do seu Systema Naturae.[1]
Etimoloxía
Especies
O xénero inclúe entre 7 e 9 especies, segundo os autores.[3] O ITIS considera as seguintes:[1]
- Apis andreniformis Smith, 1857, a abella melífera asiática pequena escura.
- Apis cerana Fabricius, 1793, a abella asiática ou abella melífera oriental.[4]
- Apis dorsata Fabricius, 1793, a abella melífera grande ou abella melífera asiática grande.
- Apis florea Fabricius, 1787, a abella melífera pequena ou abella melífera asiática pequena.
- Apis koschevnikovi Enderlein, 1906, a abella de Koschevnikov, distribuída en Borneo, Malaisia e Indonesia.
- Apis laboriosa Smith, 1871, a abella melífera do Himalaia
- Apis mellifera Linnaeus, 1758, a abella europea ou abella melífera occidental ou, simplemente, para nós, abella.[5]
- Apis nigrocincta Smith, 1860
Nota taxonómica
- Algúns autores consideran a Apis laboriosa como unha subespecie de Apis dorsata.[6]
Remove ads
Grupos de especies do xénero Apis
Polo tipo de niño de cría pódense dividir as especies de Apis en dous grupos:
- As que constrúen os seus favo ou panais en ocos, e que, polo tanto, son proclives a seren utilizadas polo home dentro de colmenas e préstanse para unha explotación racional mobilista (con cadros móbiles). Integran este grupo cinco especies: Apis mellifera, Apis cerana, Apis nigrocincta, Apis koschevnikovi e Apis nuluensis, das cales as dúas primeiras son explotadas na práctica da apicultura tradicional, podendo o resto seren explotadas polos nativos como apicultura cazadora-recolledora.
- As que constrúen os seus panais ao aire libre, xeralmente adheridos a ramas de plantas, como son os casos de Apis dorsata, Apis florea e Apis andreniformis (diferenciándose na altura dos sitios de nidificación), ou ben as que os constrúen en cantís rochosos, adheridos á pedra, como a especie Apis laboriosa.[7]
Remove ads
Orixe e distribución

O xénero Apis parece ter a súa orixe no sur e o sueste de Asia, incluíndo as Filipinas. Todas as especies actuais, excepto Apis mellifera son nativas desa rexión. Os representantes viventes das primeiras liñaxes en diverxer, (Apis florea e Apis andreniformis) teñen o seu centro de dispersión nesta rexión.[8]
As primeiras abellas fósiles de Apis apareceron no límite Eoceno-Oligoceno (hai 34 millóns de anos) en xacementos europeos. A orixe destas abellas non indica que o lugar de orixn do xénero sexa Europa, só que xa estaban presentes nesa rexión nesa época. Coñécense moi poucos xacementos fósiles e están moi pouco estudados, así que a falta de fósiles non é de estrañar.
Non había especies de Apis no Novo Mundo antes da introdución da abella doméstica en Norteamérica polos colonos europeos a principios do século XVII.
Soamente un fósil está documentado no Novo Mundo, Apis nearctica, coñecido por un só espécime de 14 millóns de anos de antigüidade, encontrado no estado de Nevada.[9]
Galería
- Un punto de cor aplicado por un apicultor identifica a unha abella raíña
- Apis cerana en Hong Kong
- Apis dorsata
- Apis mellifica visitando flores
- Colonia de A. dorsata
- Apis mellifica
- Apis mellifica en Cistus, en Oakland, California
- Apis mellifica colectando polen en flores de nabo en Oklahoma
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads