Élie Bayol
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Élie Marcel Bayol nado en Marsella o 28 de febreiro de 1914 e finado en La Ciotat) o 25 de maio de 1995 foi un piloto de carreiras francés, que competiu en Fórmula 1 para os equipos de O.S.C.A. e Gordini. Comezou a súa carreira en 1950 nas carreiras de Monomill DB-Panhards e progresou á Fórmula 2 e ás carreiras e subidas ao redor de Francia. O seu mellor resultado foi un cuarto lugar no Circuíto de Cadours, en 1951. En 1953 foi cuarto de novo en Pau e obtivo unha pole position en Albi. Tamén tivo éxito o mesmo ano gañando o Gran Premio de Fórmula 2 en Aix les Bains Circuit du Lac.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
A súa carreira no Campionato do Mundo de Fórmula Un consistiu na participación en 8 carreiras nun lapso de cinco anos. Logo de dous anos cun OSCA, uniuse ao equipo Gordini en 1954 con Jean Behra. Logrou os seus únicos 2 puntos de campionato cun quinto lugar na Arxentina. Tamén terminou cuarto nun evento fóra de campionato en Pau. En 1956 correu unhas poucas veces, pero logo desapareceu das carreiras de monoprazas.
Remove ads
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- * Indica unidade compartida con André Pilette
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads