1242

Ano From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Remove ads

Acontecementos

Europa

  • Marzo: Os mongois saquean Croacia. A vangarda de Batu chega a Spalatto e Cattaro, no mar Adriático. Cando lles chegan novas da morte, o ano anterior, de Ögödei, Batu retorna ao oriente para participar no quriltay organizado para a elección do seu sucesor. Así se salva Europa.
  • Establecemento de colonos alemáns en Bratislava tras o fracaso dos mongois en conquistala
  • 5 de abril: Vitoria do príncipe ruso Alexandre Nevski sobre os cabaleiros teutóns na Batalla do Lago Peipo, na Livonia, na altura xeado (masacre dos xeos). Esta batalla provoca a detención da expansión xermánica cara ao leste, ao tempo que contribúe ao nacemento da Rusia, baixo dominación moscovita.

Oriente Próximo

  • Reinado de Al-Musta'sim, derradeiro califa abásida de Bagdad (até 1258).
  • O xeneral Baidju toma o mando das tropas mongois en Irán, baseado na rexión da baixa Koura (até 1256).
  • Á morte de Ögödei, o gobernador do Khorasan Körguz é entregado polos comandantes militares ao seu adversario Kara Hülegü, que o executa. A rexente Töregene encárgalle a Arghun agha a administración de Khorasan e Iraq. Home culto e comprometido cos asuntos de estado, decepciona as esperanzas dos señores mongois ao continuar a política de Körguz, protexendo a poboación iraniana contra as violencias dos mongois e combatendo a anarquía feudal. Obtén a confianza dos grandes khans ao enviar regularmente tributos a Karakorum.

Asia

  • Batu, neto de Xenxis Khan, crea o Imperio da Horda de Ouro de Kipchuk, con capital en Sarai.
  • Töregene tórnase rexente do Imperio Mongol (até 1246)
  • Reinado de Kara Hülegü, khan de Djaghataï (até 1246). Neto de Djaghataï, reina baixo a tutela da súa nai Ebuskune.
Remove ads

Nacementos

Mortes

Outros

  • Alberte o Grande tórnase rexente do convento de Santiago en París.
  • Roger Bacon describe unha fórmula para fabricar a pólvora.

Historia ano a ano

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads