12 Monkeys

From Wikipedia, the free encyclopedia

12 Monkeys
Remove ads

12 Monkeys é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Terry Gilliam que se estreou en 1995. Baséase na curtametraxe de Chris Marker La jetée (1962).

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

James Cole (Bruce Willis) é un criminal convicto que vive nun sinistro futuro postapocalíptico en Filadelfia. Entre 1996 e 1997, a superficie da Terra fora contaminada cun virus tan poderoso que obrigou á poboación supervivente a vivir baixo o chan. Co fin de gañar unha indulxencia, Cole solicita ós científicos ser enviado a perigosas misións ó pasado para recoller información sobre o virus, supostamente liberado por unha organización terrorista coñecida como o Exército dos Doce Monos. No posible, pídeselle que extraia mostras daquel axente patóxeno para poder descubrir unha cura.

Remove ads

Personaxes

  • Bruce Willis como James Cole
  • Madeleine Stowe como Kathryn Railly
  • Brad Pitt como Jeffrey Goines
  • Christopher Plummer como Doutor Goines
  • Jon Seda como Jose
  • Christopher Meloni como Tenente Halperin
  • David Morse como Doutor Peters
  • Frank Gorshin como Doutor Fletcher
  • Vernon Campbell como Tiny
  • Lisa Gay Hamilton como Teddy
  • Bob Adrian como Xeólogo
  • Simon Jones como Zooloxista
  • Carol Florence como Astrofísico/Jones
  • Bill Raymond como Microbiólogo
  • Thomas Roy un predicador da rúa
Remove ads

Galardóns e nomeamentos

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads