Bruce Willis

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Bruce Willis
Remove ads

Walter Bruce Willis, nado en Idar-Oberstein, Alemaña, o 19 de marzo de 1955, é un actor estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nado como Walter Bruce Willis nunha base militar estadounidense en Alemaña de pai americano e nai alemá. Foi o irmán máis vello de catro (tres nenos e unha nena), un dos cales, David Willis é produtor de cine. Creceu en Penns Grove, Nova Jersey onde demostrou ser un grande estudante, e onde tomou clases de teatro por primeira vez, que, non obstante, ó rematar os seus estudos secundarios non iría á universidade, senón que empezaría a traballar transportando traballadores nunha fábrica local, máis tarde como garda de seguridade nunha central eléctrica. E tamén tocando a harmónica cun grupo de R&B chamado Loose Goose. Máis tarde, botando en falla a actuación, estudou arte dramática na Universidade Estatal de Montclair, da cal marchou a Nova York para comezar a súa carreira de actor.

Fixo o seu debut no cine na película The First Deadly Sin (1980), non obstante o público empezou a fixarse nel cando interpretou un papel na serie de TV Miami Vice, o que lle serviu de trampolín para conseguir o papel protagonista na afamada serie da ABC Moonlight (1985-1989). E no ano 1988 cando conseguiu o papel de John McLane na película de acción Die Hard, que acabaría marcando a súa carreira, no que redefine o heroe de acción como un home vulnerable e case sempre á beira do erro. Máis tarde, no ano 1989, Willis explorou a súa parte cómica na película Mira quen fala.

No ano 1987 casa coa súa noiva, a tamén actriz Demi Moore, coa que tivo tres fillos antes do seu divorcio no ano 2000.

No ano 1990 Willis empeza un período de altibaixos, primeiro co fracaso de crítica e público The Bonfire of the Vanities (1990), seguido do grande éxito The Last Boy Scout (1991), e un novo fracaso con Hudson Hawk (1991). E tamén neste período cando Bruce Willis ofreceu dúas das súas mellores actuacións, primeiro en Mortal Thoughts (1991), na que compartiu protagonismo coa súa muller Demi Moore, e máis tarde con Billy Bathgate (1991), non obstante o público dálle as costas.

Thumb
Bruce Willis cantando.

Tras esta fase de incerteza a fama de Willis parecía ir decrecendo, non obstante volveu dar mostra da súa calidade como actor no filme de 1994 Pulp Fiction, dirixido por Quentin Tarantino. Tras este éxito Willis parece atopar de novo o rumbo e sorprende coa súa interpretación na película 12 Monkeys (1995), na que compartiu protagonismo con Brad Pitt. Estas dúas películas pareceron ser un espellismo pois as súas seguintes películas deron pobre resultado tanto en público como en crítica.

Porén, Willis volveu demostrar ser un moderno Ave Fénix coa súa interpretación no grande éxito Armageddon (1998), que recadou 200 millóns de dólares, e despois coa película O sexto sentido (1999), que lle valeu o recoñecemento por parte da crítica.

Tras películas como A guerra de Hart (2002), Bágoas do sol (2003), e Sin City (2005), a carreira de Willis semellou gozar de boa saúde.

Remove ads

Filmografía

Thumb
Estrela de Willis no Hollywood Walk of Fame.
Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads