1526
ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
América
- 17 de novembro - Orde do emperador Carlos V que autoriza a todos os naturais dos seus reinos para se trasladaren, comerciaren e estabelecérense en América (sería revogada en 1538).
Asia
- 21 de abril - Primeira batalla de Panipat: Babur vence o sultán Ibrahim Lodhi, tórnase Moghul (ou Mughal), emperador da India, tomando Delhi, e invadindo a India setentrional. Iníciase así o período do Imperio Moghul, que se estenderá até 1857.
Europa

- 14 de xaneiro - Tratado de Madrid: acordo entre Francisco I de Francia e Carlos V. Francisco cede Borgoña a Carlos, e renuncia as súas reclamacións sobre Flandres, o Artois, Nápoles e mais Milán.
- 22 de maio - Francisco I de Francia rompe o Tratado de Madrid e forma a Liga de Cognac contra Carlos V, incluíndose nela o Papado, Milán, Venecia e mais Florencia.
- 24 de xullo - As tropas imperiais de Carlos V toman Milán.
- 29 de agosto - Batalla de Mohacs: Hungría é conquistada polo Imperio Otomán, perdendo a súa independencia ata 1918.
- Alonso III de Fonseca crea, en Santiago de Compostela, os colexios de San Xerome e de Santiago Alfeo.
- Carlos I de España expide orde para os mouriscos da Coroa de Aragón, na que os pon na alternativa de converterse ao catolicismo ou seren expulsados (orde equivalente á de 1502 para os mudéxares da Coroa de Castela).
Oceanía
- O hispano Alonso de Salazar descobre as illas Carolinas.
Remove ads
Nacementos
- 11 de maio - Juan Gil de Hontañón, arquitecto español.
- 15 de outubro - María Manuela de Portugal, princesa de Asturias, esposa de Filipe II de España.
- 12 de decembro - Álvaro de Bazán, almirante español.
Mortes
- Francisco Hernández de Córdoba, conquistador, fundador das cidades de Granada e León en Nicaragua.
- 4 de agosto - Juan Sebastián Elcano, mariñeiro e explorador vasco que participou na primeira expedición que deu a volta á Terra, como capitán desde a morte de Magalhães en 1521.
Outros
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1526 |
![]() |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads