355
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
Asia
- O xa de Persia, Sapor II, realiza campañas en Armenia e Mesopotamia (355-356).
Europa
- 11 de agosto - Sublevación na Galia: Claudio Silvano proclámase emperador de Roma. A súa tentativa apenas durará vinte e oito días, ao ser derrotado e morto polo xeneral Ursicino.
- Os francos asedian Colonia, nas proximidades do limes xermánico. Os alamáns saquean cidades da Galia oriental como Lens, Autun e Troyes, instalándose na actual rexión de Alsacia.
- 6 de novembro - O emperador romano Constancio II, ante a gravidade suscitada polas rebelións internas e as ameazas dos pobos xermanos, nomea, en Mediolanum (Milán), césar a Xuliano, medio irmán do co-emperador Treboniano Galo.
- 1 de decembro - Xuliano inicia unha campaña na Galia, atacando a francos e alamáns e liberando as cidades damnificadas.
- Decembro - O papa Liberio é desterrado a Tracia por negarse a sancionar os acordos arianos do recente sínodo de Milán. Constancio II nomea a Fiz II para substituílo.
- Leis imperiais conceden que os bispos cristiáns só poderán ser xulgados por tribunais eclesiásticos, substraéndoos da xurisdición ordinaria.
Remove ads
Nacementos
Mortes
- 7 de setembro - Claudio Silvano, usurpador imperial romano, executado.
Outros
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 355 |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads