3 Doors Down
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
3 Doors Down é unha banda de hard rock estadounidense procedente de Escatawpa, Mississippi, formada en 1996. A banda está composta por Brad Arnold (voces), Matt Roberts (guitarra/voces), Todd Harrell (baixo), Chris Henderson (guitarra) e Greg Upchurch (batería/percusión).
A banda fíxose coñecida co seu primeiro sinxelo, "Kryptonite", que foi top 3 na lista Billboard Hot 100. O grupo entón asinou un contrato con Republic Records e editou o seu álbum de estrea, The Better Life, no ano 2000. O disco foi o 11 máis vendido do ano e foi certificado 6 veces platino nos Estados Unidos. O seu segundo traballo, Away from the Sun (2002), continuou co éxito da banda; estreouse no número 8 da iBillboard 200 e foi multi-platino nos Estados Unidos como o seu predecesor. A este lanzamento seguiulle unha extensiva xira de dous anos antes de editar o terceiro álbum, Seventeen Days, no 2005. Este estreouse no número 1 da Billboard 200. O cuarto traballo, 3 Doors Down, tamén se estreou no número 1 Billboard 200.
A banda adoita a dar máis de 300 concertos por ano e ten actuado con outros artistas como Lynyrd Skynyrd, Megadeth, Staind, Nickelback, Alter Bridge, Breaking Benjamin, Seether, Shinedown, Hinder ou Daughtry. Dende o comezo da súa carreira, 3 Doors Down leva vendidos ao redor de 16 millóns de álbums en todo o mundo.
Remove ads
Discografía
- The Better Life - 2000 (Republic Records)
- Away from the Sun - 2002 (Universal Records)
- Seventeen Days - 2005 (Universal Records)
- 3 Doors Down - 2008 (Universal Republic Records)
- Time of My Life - 2011 (Universal Republic Records)
- Us and the Night - 2016 (Republic Records)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 3 Doors Down |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads