5G
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En telecomunicación, 5G úsase para referirse á quinta xeración de tecnoloxías de telefonía móbil. Sucede ás tecnoloxías 2G, 3G, e 4G.[1]

Hoxe por hoxe está dispoñible a súa primeira versión normalizada (Release 15 - Stand Alone) mentres as empresas de telecomunicación seguen a investigar novas tecnoloxías para mellorar as versións. As primeiras redes comerciais foron lanzadas no 2109, estendéndose o seu uso dende 2020.[2] A compañía sueca Ericsson foi a primeira en lanzar o 5G.
A velocidade que permite en móbiles a tecnoloxía 5G atópanse entre ~50 Mbit/s e 4 gigabit/s,[3] permitindo conectar un millón de aparellos por cada km².[4]
As velocidades maiores acádanse grazas á banda milimétrica (notada en inglés como mmWave). Así, en marzo de 2021, usando dita banda, acadábase unha velocidade de 3,.6 Gbit/s, cunha rede 5G Ultra WideBand de Verizon Wireless.
A tecnoloxía Sub-6 GHz 5G (5G de Banda media), permitirá velocidades comprendidas entre os 100 e 400 Mbit/s, e espérase que coa banda milimétrica en exteriores os resultados sexan aínda mellores.[5]
Por contra ó anterior, o espectro de banda baixa ofrece maior rango (e, polo tanto, maior cobertura), pero con menor velocidade.
A velocidade de 5G NR (New Radio) en bandas de menos de 6 GHz pode ser algo superior á de 4G cunha cantidade semellante de espectro e antenas,[6][7] mais, algunhas redes 3GPP 5G son máis lentas que algunhas redes 4G avanzadas, como por exemplo a rede LTE/LAA de T-Mobile, que supera os 500 Mbit/s en Manhattan[8] e Chicago.[9] A aparencia é que, en rendemento; en 4G aproxímase ó límite de Shannon. As velocidades en 5G, na banda milimétrica, con maior ancho de banda pero menor rango de alcance, son diferencialmente maiores.[10]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
