8-Oxoguanina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

8-Oxoguanina
Remove ads

A 8-oxoguanina (ou 8-hidroxiguanina, 8-oxo-Gua, ou OH8Gua) é unha base nitroxenada que se forma como unha das lesións no ADN máis comúns causada polas especies reactivas do oxíxeno [2] e pode orixinar un apareamento incorrecto coa adenina, o que ten como resultado substitucións de G a T e de C a A no xenoma.[3] Nos humanos, é reparada fundamentalmente pola ADN glicosilase OGG1. Pode orixinarse pola acción da radiación ionizante en conexión co metabolismo oxidativo. Pode formar os nucleósidos 8-oxoguanosina e 8-oxo-2'-desoxiguanosina, cando se une, respectivamente, á ribosa ou á 2-desoxirribosa.

Thumb
A 8-oxo-dG (syn) nun par de bases de Hoogsteen con dA (anti).
Thumb
Para a comparación velaquí un par de bases estándar (non mutaxénico) GC con ambas as bases na configuración anti do enlace entre a base e o azucre.
Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Remove ads

En fluídos corporais

O incremento das concentracións de 8-oxoguanina nos fluídos corporais asociouse cun incremento do risco de mutaxénese e carcinoxénese.[4][5]

Os ensaios con 8-oxoguanina deben facerse con moito coidado debido á facilidade coa que pode ser oxidada durante a extracción e os procedementos do ensaio.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads