AMOS 2
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
AMOS 2 (עמוס 2 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Soiuz o 27 de decembro de 2003 desde o cosmódromo de Baikonur, en Kazakhstán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o segundo satélite de comunicacións israelí.
Remove ads
Características
AMOS 2 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste e da servizo a Oriente Medio (incluíndo Israel), Europa e a costa leste dos Estados Unidos grazas ós seus once transpondedores en banda Ku.
AMOS 1 usou un motor de combustible líquido de 400 Newton para alcanzar a órbita xeoestacionaria tralo lanzamento por parte do Soiuz. Ten dez propulsores para o control de actitude, cada un cun pulo de 10 Newtons. Inicialmente levaba 450 kg de propelente (monometil hidracina e MON 3).
A lonxitude do satélite, cos paneis solares despregados, é de 11,5 metros. Estabilízase nos tres eixos mediante sensores de Terra e de Sol e mediante volantes de inercia. Os paneis xeran 1700 vatios de potencia, con baterías de níquel-cadmio como apoio.
AMOS 1 e AMOS 2 foron colocados cerca un doutro para crear unha localización común, permitiendo ós usuarios dos satélites aumentar o acceso ós servizos sen antenas adicionais.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads