AMOS 3
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
AMOS 3 (עמוס 3 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Zenit-3SLB o 28 de abril de 2008 desde o cosmódromo de Baikonur, en Kazakhstán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o terceiro satélite de comunicacións israelí.
Remove ads
Características
AMOS 3 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste para substituír a AMOS 1 (vendido a Intelsat e coñecido agora como Intelsat 24). Leva quince transpondedores en banda Ku e o seu tempo estimado de vida é de 18 anos.
Foi lanzado por un foguete Zenit na súa configuración Zenit 3SLB, sendo o primeiro lanzamento desta configuración e o primeiro contratado á organización Land Launch.
Orixinalmente o satélite debería ter sido posto en órbita en 2007, atrasándose para marzo de 2008, e sendo posposto ata o 24 de abril de 2008. O lanzamento do 24 de abril foi abortado por razóns técnicas.[3] A causa foron problemas co sistema de erección e transporte do foguete, que fallou en retirarse e apartarse do foguete para o seu lanzamento.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads