AP-2

autoestrada de Alfajarín a Bañeras From Wikipedia, the free encyclopedia

AP-2
Remove ads

A Autoestrada do Nordeste ou AP-2 é unha autoestrada española cuxo obxectivo é unir Zaragoza con Barcelona e Tarragona. Esténdese entre Alfajarín e Saifores, pedanía de Banyeres del Penedès, onde enlaza coa AP-7.

Datos rápidos AP-2 Autovía do Nordeste, Tipoloxía ...
Remove ads

Características

Empeza no enlace 340 da A-2 e acaba na AP-7. O tramo comprendido entre Zaragoza e Alfajarín formaba parte desta autoestrada e estaba libre de peaxe, pero co cambio de denominación de autoestradas e autovías de 2003 pasou a formar parte da A-2.

Existe, ademais, un pequeno tramo de autoestrada denominado B-23 entre Molins de Rei e Sant Feliu de Llobregat. É unha vía de peaxe literalmente paralela á A-2. Serve como acceso á cidade de Barcelona desde a AP-7.

O tramo comprendido entre El Vendrell e Molins de Rei utiliza a calzada da Autoestrada AP-7, pódese ver este aspecto nos fitos quilométricos onde aparece AP-7/AP-2 e o quilómetro.

A autoestrada construiose entre 1974 e 1979 e constitúe un corredor importante entre Madrid e País Vasco con Cataluña. Antes do cambio de denominación de autovías e autoestradas chamábase A-2.

Desde o mes de novembro de 2009, grazas a un acordo da Deputación Xeral de Aragón e o Ministerio de Fomento coa concesionaria da autoestrada, ao realizar calquera traxecto de ida e volta (nun máximo de 24 horas) comprendido entre Alfajarín e Fraga, ambos os dous inclusive, e pagar co dispositivo VIA-T, o traxecto será completamente gratuíto tanto a ida como a volta.

A Concesionaria da Autoestrada foi ACESA, filial da empresa Abertis.

Remove ads

Tramos

Máis información Tramo, Lonxitude (km) ...

Saídas

Máis información Elemento, Saída (sentido El Vendrell) ...
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads