A Game of Thrones
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Game of Thrones é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Game of Thrones (homónimos).
Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro. A novela cedeu o seu nome a numerosos traballos baseados nas novelas de Martin, incluíndo o xogo de cartas, a banda deseñada, o xogo de rol, e o videoxogo.
A serie da HBO Game of Thrones levou ás pantallas de televisión este primeiro libro da serie, cuxo primeiro capítulo foi estreado o 17 de abril de 2011.
Remove ads
Galardóns
- Gañadora do Locus Award en 1997,[1]
- Gañadora do [1] World Fantasy Award en 1997
- Nomeada ó Nebula Award[2] en 1998
- A novela curta Blood of the Dragon, que recolle os capítulos adicados a Daenerys Targaryen, gañou o Premio Hugo en 1997
- En xaneiro de 2011 a novela converteuse nunha das mellores vendidas segundo o New York Times [3] e acadou o número da lista en xullo de 2011.[4] recoñecemento populamente coñecido como best sellers.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads