A Laxe, Chantada
parroquia civil do concello de Chantada From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello de Chantada. Ten unha superficie de 13,1 km². Pertencente o arciprestado de Navego. Segundo o Instituto Galego de Estatística[2] en 2016 tiña 176 habitantes (90 homes e 86 mulleres), 90 menos ca en 2007.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Laxe.
Remove ads
Situación
Limita coas parroquias de Mouricios, Argozón e Muradelle polo norte; Requeixo e San Pedro de Viana polo sur; O Mato polo leste; e San Martiño de Asperelo e Santa Baia de Camba polo oeste.
Patrimonio
Destaca na parroquia a casona da Arca, unha antiga edificación situada preto do lugar de Vilanova. Esta casa data de principios do século XVIII e conserva un escudo de armas na súa entrada principal que indica a súa orixe nobre así coma unha capela.
Tamén atopamos diversas capelas localizadas en distintos puntos da parroquia coma a de Penasillas, a de Carballizos, ou a de Riopedroso, estas dúas últimas capelas pertencen á Casa Grande do Taboada de Carballizos e á Casa Grande do Fidalgo de Riopedroso respectivamente.
Remove ads
Festas
Na parroquia celebrase a festividade de santo Agostiño os días 28 e 29 de agosto así como a festividade de san Xoán o 24 de xuño.
Galería de imaxes
- Cruceiro de Seoane - A Laxe
- Vidreira Igrexa de Seoane
Lugares e parroquias
Lugares da Laxe
| Lugares da parroquia da Laxe no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
A Arca | Carballizos | Comezo | A Lucenza | Nuxilde | Penasillás | Quintela | Riazón | Río Pedroso | Seoane | Vilanova | Vilaseco | Xoanín |
Parroquias de Chantada
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
