A Riba, A Baña
parroquia civil do concello da Baña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xoán da Riba[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Riba.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Remove ads
Historia
Consérvanse o petróglifo da Teixoeira, na aldea da Carballeira; o petróglifo da Pena de Miñato, na aldea de Ferreiros, xacemento este formado por catro grupos de gravados no superior; e o conxunto de mámoas nas Brañas de Ferreiros. A tradición oral fala dun poboamento que se localizaba na proximidade da lagoa das Brañas de Ferreiros, e que por motivos descoñecidos, se afundiu nas augas da lagoas. Atopouse restos de cerámica nesa zona.
Tamén hai dous grupos de mámoas no lugar de Carballeira e nas Teixoeiras[2] ou Campo das Minas. Segundo a tradición oral o nome do sitio viña de que por alí había ferro. Está o grupo do Campo da Feira cun total de cinco túmulos e o de Barreiros con catro. Próximo ao lugar da Bafadoira atopánse a de Costolla e un grupo de tres mámoas chamadas de Ventureira, e cerca do Campelo atopamos a Mámoa das Brañas e a do Campo da Tilla. En Vigobó tamén está a mámoa do Castelo e a mámoa da Mina dos Mouros, este último nun bo estado de conservación.[3]
Igrexa
A igrexa de San Xoán da Riba é orixinaria de estilo románico, sufrindo varias remodelacións entre os séculos XVII e XVIII. A día de hoxe é un conxunto de estilos entre os que se pode apreciar en diferentes partes da súa estrutura o barroco e o neoclásico.
No lugar da Riba existiu unha capela, xa desaparecida.
Feira da Carballeira
Neste lugar celebrábase unha feira de concesión real os últimos domingos de cada mes á que, ademais do gando das inmediacións, acudían vendedores de panos, lenzos, praterías e grans de todo tipo. Xa no 1851 se ten constancia da súa celebración. No 1897 esta feira foi trasladada á Baña.[4]
Remove ads
Arquitectura popular
Muíños[5]
- de Antelo, moía seis meses coa auga do río e fonte Eimil.
- da Carballeira, ídem ao anterior.
- da Portela, moía seis meses, en Trece, no río Eimil.
- de Abaixo ou o da Cova do Batán, ídem ao anterior
- o da Cova do Batán, ídem
- Ponte de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Vilanova.
- o da Braña de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Ponte Riveiro.
- do Relo, no lugar de Loureiro, moía catro meses con auga da Braña e Rego das Pegas.
- de Pintella de Ferreiros, que moía seis meses con auga da Fonte pedra de Silvariño.
Remove ads
Festas
- 24, 25 e 26 de xuño: San Xoán
- 1º domingo de outubro: O Rosario.
Lugares e parroquias
Lugares da Riba
Lugares da parroquia da Riba no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Bafaduira | Campelo | A Carballeira | A Costa | Espesedo | Ferreiros | Folgueira | O Loureiro Pequeno | Manle | A Riba | San Xoán | Trece | Vigobó |
Parroquias da Baña
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads