O Barro, A Baña
parroquia civil do concello da Baña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Barro.
Remove ads
Historia
Existe un grupo de cinco mámoas denominadas do Cotón Grande no lugar do Sino orixinarias do neolítico.[2]
Na parroquia do Barro sitúase a montaña de Santa Mariña é unha montaña que segundo a tradición orienta os ventos e as choivas e que antigamente recibiu o nome de Cebreiro, Páramos ou O Barro. No seu cumio houbo ata finais do século XVII unha ermida na que se rendía culto a Santa Mariña. Esta capela foi derrubada en 1791 por orde do visitador, por mor da dificultade para manter economicamente o culto e tamén polas inmoralidades que se cometían nese lugar o día da romaría. A ermida foi substituída cunha cruz, hoxe inexistente, e os seus bens incorporados ás melloras da igrexa parroquial situada no Barro de Arriba. Os poucos restos dos muros están esnaquizados e aínda se poden ver pedras labradas, e abundante tella.
Remove ads
Arquitectura popular
Fábrica de electricidade
Antes da inauguración da presa Barrié de la Maza había un pequeno salto de auga para a subministración de enerxía eléctrica, coñecido como a Fábrica de electricidade de Barbeira. Estaba instalada nunha pequena represa do río Nantón (rego de Faílde).[3]
Pazo de Leis[4]
Tamén coñecido como Casa do Barro, trátase dunha edificación do século XVI que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotería e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao Marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao Marquesado dos Leis.
Muíños[3]
- no río Fervenza, de Alejandro García Recarey.
- no río dos Fernández, cargado a Antonio Bieito.
- no río Merman, cargado a José Gago.
- no río Merman, idem.
Remove ads
Festas
- 18 de xullo: Santa Mariña.
- 10 de agosto: Santa Margarida.
- 1º sábado de setembro: San Xosé.
- 1º domingo de setembro: San Roque.
- 1º fin de semana de setembro: Santísimo Sacramento.
- Último domingo de outubro: O Socorro.
Lugares e parroquias
Lugares do Barro
Lugares da parroquia do Barro no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
O Barro de Abaixo | O Barro de Arriba | O Campo | Loncras | Montecelos | O Redollo | Santa Margarida | O Sino |
Parroquias da Baña
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads