A mosca (filme de 1986)

Filme de 1986 dirixido por David Cronenberg From Wikipedia, the free encyclopedia

A mosca (filme de 1986)
Remove ads

A mosca (en inglés: The Fly) é un filme estadounidense de ciencia ficción e terror dirixido e coescrito por David Cronenberg que se estreou en 1986. Foi producido por Brooksfilms e distribuído por 20th Century Fox, e está protagonizado por Jeff Goldblum, Geena Davis e John Getz. Está vagamente baseado na historia curta de George Langelaan, e conta a historia dun excéntrico inventor, que despois dun experimento errado, comeza a converterse paseniño nunha criatura híbrida cunha mosca. A banda sonora foi composta por Howard Shore e os efectos de maquillaxe son obra de Chris Walas, xunto co artista Stephan Dupuis.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

O filme foi estreado o 15 de agosto de 1986, e tivo unha grande acollida de público e audiencia, que louvaron os efectos especiais e a interpretación de Goldblum. Recadou $40,4 millóns nos cines cun orzamento de $9 millóns, converténdose no meirande éxito comercial da carreira de Cronenberg. O traballo de Walas e Dupuis valeulles un Oscar á mellor maquillaxe na 59ª edición dos Oscar, o único filme dirixido por Cronenberg en gañar un Oscar. A súa secuela, dirixida por Walas, foi estreada en 1989.

Remove ads

Personaxes

  • Jeff Goldblum como Seth Brundle
  • Geena Davis como Veronica "Ronnie" Quaife
  • John Getz como Stathis Borans
  • Joy Boushel como Tawny
  • Leslie Carlson como Dr. Brent Cheevers
  • George Chuvalo como Marky
  • David Cronenberg como xinecólogo

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads