Abanqueiro, Boiro

parroquia civil do concello de Boiro From Wikipedia, the free encyclopedia

Abanqueiro, Boiromap
Remove ads

San Cristovo de Abanqueiro[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.

Datos rápidos Concello, Provincia ...

En 1845 tiña uns 764 habitantes[2].

Remove ads

Etimoloxía

A etimoloxía do topónimo Abanqueiro non se debe á existencia dunha fervenza. Existe a hipótese de que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés[Cómpre referencia]. Debido á recolección masiva xa apenas quedan ostras na zona.

Xeografía

Fundamentalmente rodeada de mar destacan as praias de Quintáns, Portomouro, A Fontenla, Ladeira, Retorta e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.

Economía

O marisqueo é unha das súas máis importantes fontes de ingreso. A empresa conserveira Rianxeira ten a súa orixe nesta parroquia.

Patrimonio

No adro da románica igrexa de San Cristovo de Abanqueiro atopáronse restos dun baldaquino en pedra coas figuras da Virxe, un anxo e San Xoán apóstolo.

  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro./ Se me collen en Rianxo/ bérraranme en Abanqueiro.[3].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Abanqueiro

Lugares da parroquia de Abanqueiro no concello coruñés de Boiro

Abanqueiro | Chancelas | O Chazo | Exipto | Graso | A Igrexa | A Pedra da Bouza | Portomouro | Quintáns | O Saltiño| San Martiño | Triñáns

Parroquias de Boiro

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro

Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads