Acanthodactylus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Acanthodactylus, é un xénero de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos, que comprende unhas 40 especies.

Remove ads
Hábitat e distribución
Hábitat
O hábitat dos lagartos do xénero Acanthodactylus é moi variábel, e aínda que prefiren rexións secas e con pouca vexetación, como dunas e praias, matogueiras, zonas rochosas, desertos e semidesertos, non están estritamente vinculadas aos terreos áridos, polo que non é raro atopalos en diversos contornos como en praderías.[1]
Distribución
As especies deste xénero son propias do norte de África, sur de Europa o oeste da Asia, desde o deserto do Sáhara e a Península Ibérica polo oeste e, a través da península Arábiga, até Afganistán e a India occidental polo leste.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
