Acanto

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Acanto
Remove ads

O acanto[1] (Acanthus mollis) é unha planta herbácea perenne orixinaria das estepas africanas, dende antigüidade utilizouse en xardíns da área mediterránea.

Datos rápidos Características, Clasificación taxonómica ...
Thumb
Folla.
Thumb
Espiga floral en pre-antese.
Thumb
Espiga floral en flor.
Thumb
Acanthus mollis

O acanto destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilas[2]. Agroma sobre todo en xuño. Tamén recibe en galego o nome de ás de anxo[3].

Remove ads

Hábitat

A especie medra na rexión mediterránea, dende Portugal e o noroeste de África até o leste de Croacia; foi adaptada dende a antigüidade no cultivo de xardíns, polo que foi naturalizada e/ou cultivada practicamente no mundo enteiro[4]

É frecuente nas costas da Península Ibérica, moito máis escasa no interior.

Vexeta en noiros, rochas e lugares frescos e húmidos.

Usos

Fundamentalmente en xardinaxe, as súas grandes follas basais, brillantes, lobuladas dan un aspecto señorial xunto á súa longa espiga floral. En Galiza en maio. Adóitase usar a variedade latifolius por ser un chisco máis resistente e rexa.

Tamén é usada como motivo escultórico en chapiteis de columnas, como por exemplo na orde corintia.

A presenza na raíz e follas de abundante mucilaxe, permite a súa utilización como amolecedor, mucilaxinosa ou vulneraria. Tense usado para fabricar enemas contra a disentería, hemorroides ou inflamacións das vías baixas.

Algúns xéneros achegados a Acanthus, como Jacobinia, utilízanse como psicótropos.

Emprégase como adstrinxente, antidiarréico, colerético, expectorante. En uso externo: demulcente, vulnerario (cicatrizante). As follas usáronse coma estimulante do apetito e laxante por vía interna, externamente en cataplasmas como antiinflamatorio. O zume da planta recomendouse coma tratamento sintomático do herpes, queimaduras e contusións en xeral por un certo efecto analxésico. Indicado para diarreas, disquinesias hepatobiliares, colecistite, colelitiase. Bronquite, gripe, arrefriados. En uso externo: eccemas, feridas, estomatite, farinxite, rectocolite, vulvovaxinite, distrofias da mucosa vulvovaxinal.[5]

Remove ads

Taxonomía

Basónimo
Etimoloxía
  • Acanthus: do latín acanthus que provén do grego ἄκανθα, -ης, "planta espiñenta", probabelmente por composición entre acer, -cris de aceo, acies, "punzante" e anthos, "flor", do grego άκτς e άνθός. Virxilio emprega o vocábulo nas Xeórxicas (4, 123) e Plinio o Vello describe dúas especies na súa historia naturalis (22, XXXIV, 76): o Acanthus spinosus L. e o Acanthus mollis L.; esta última denomínase tamén paederos e mélamphyllos, e a súa raíz é excelente para as queimaduras e as luxacións ("quod aliqui paederota vocant, alii melamphyllum. huius radices ustis luxatisque mire prosunt").[7][8][9]
  • mollis, -e: epíteto latino que significa "flexíbel, brando, tenro,...".[7]
Sinónimos
  • Acanthus mollis subsp. platyphyllus Murb.
  • Acanthus mollis var. nigra (Mill.) Willd.
  • Acanthus mollis var. viciosoi Pau
  • Acanthus latifolius hort.,
  • Acanthus lusitanicus hort.,
  • Acanthus nigra Mill.
  • Acanthus hispanicus Loudon
  • Acanthus longifolius Poir.
  • Acanthus niger Mill.
  • Acanthus platyphyllus Murb.
  • Acanthus spinosissimus Host[10]
Citoloxía

O número de cromosomas é 2n=56.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads