Acelomorfos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os acelomorfos (Acœlomorpha, que significa "formas sen celoma") son un discutido filo de animais mariños de corpo brando con características de plánula. A maioría das súas especies son de vida libre, e algunhas viven na superficie doutros organismos, como ectocomensais.[1]
Tradicionalmente foron considerados como subfilo dos platihelmintos turbelarios, e máis tarde como subfilo dos Xenacoelomorpha (que estaría constituído polos subfilos Acoelomorpha e Xenoturbellida).[2][3] Pero en 2004 estudos moleculares feitos por Jaume Baguñà e Marta Riutort demostraron que debían considerarse como un filo separado.[4]
Actualmente acelomorfos e xenoturbélidos considéranse filos independentes.[5]
Segundo os traballos Baguñà e Riutort, os acelomorfos estarían na base dos bilaterais, e comprenderían os acelos e os nemertodermátidos, dúas antigas ordes de turbelarios convertidas agora en clases.
Os acelomorfos son diminutos vermes planos que carecen de intestino. O alimento é dixerido no interior de vacúolos que se forman arredor da inxesta. Carecen de cavidade xeral, de aí o seu nome. Posúen un estatocisto que posibelmente lles serve para controlar a gravidade e orientarse.
Todas as especies coñecidas son mariñas e habitan entre as partículas de sedimentos, flotando na auga formando parte do plancto, ou nadando entre as algas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads