Acre, Israel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Acre[1] (en hebreo: עכו, "Akko"; en árabe: عكّا, "Akkā") é unha cidade de Israel, situada no Distrito do Norte, na beira do mar Mediterráneo. En 2003 tiña 45 600 habitantes, 75 % de xudeus e 25% árabes. Acre é a sede do xefe da Fe Bahá'í.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acre.
Remove ads
Historia
- Véxase tamén: Cerco de Acre de 1291.
Acre identifícase coa Aak, cidade tributaria de Thutmose III e coa Akka dos rexistros de Amarna. No Antigo Testamento aparece unha vez co nome de Acco. No ano 700 a.C. a cidade caeu en poder dos asirios. No 332 a.C. conquistouna Alexandre Magno, e no século III a.C. Tolomeo II.
En 638 os árabes fixéronse co control da cidade ata que os cruzados a conquistaron no 26 de maio de 1104, dándolle o nome de San Xoán de Acre. Reconquistada por Saladino no 1187, cercada sen éxito por Guy de Lusignan no 1189, e de novo conquistada por Ricardo Corazón de León no 1191. Convertida en capital do que quedaba do Reino de Xerusalén. En 1229 foi posta baixo o control dos Cabaleiros Hospitalarios. No ano 1291 os mamelucos conquistan a cidade.
En 1517 captúraa Selim I para o Imperio Otomán, e a cidade entrou nun período de decadencia. A fins do século XVIII comeza a se recuperar baixo o goberno de Daher El-Omar, o sheikh local, o seu sucesor Jezzar Pasha, gobernador de Damasco, fortificouna. Napoleón cercou a cidade no ano 1799 durante dous ata que foi expulsado polos turcos, axudados por unha forza naval británica.
Dende 1918 os británicos gobernaron a cidade ata que en 1948 se integrou en Israel.
Remove ads
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads