Addax
antílope que vive en zonas illadas do Sáhara From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca. Os cornos anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do gando.[4]
Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.
En grave perigo de extinción, en 1966 había 6.000, mentres en 1998 quedaban uns 200 individuos no Chad, Malí, Mauritania e Níxer, algún rabaño illado no sur de Libia, non hai evidencia da súa conservación máis ao norte. Está extinto en Alxeria, Exipto, Libia, o Sudán e o Sáhara Occidental. Foi reintroducido en Marrocos e Tunisia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads