Adolf Eichmann

Criminal de guerra nazi e un dos principais organizadores do Holocausto From Wikipedia, the free encyclopedia

Adolf Eichmann
Remove ads

Otto Adolf Eichmann (Imperio Alemán, 19 de marzo de 1906Israel, 31 de maio de 1962) foi un oficial alemán-austríaco do Partido Nazi, membro da Schutzstaffel (SS) e un dos principais organizadores do Holocausto. Participou na Conferencia de Wannsee de xaneiro de 1942, na que se planificou a despregadura da Solución Final á Cuestión Xudía. Despois disto, foi encargado polo SS-Obergruppenführer Reinhard Heydrich de facilitar e xestionar a loxística envolta na deportación masiva de xudeus a guetos e campos de exterminio nazis en toda a Europa ocupada polos alemáns.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Eichman ingresou no Partido Nazi austríaco o 1 de abril de 1932 co número de afiliado 899 895. O mesmo día ingresou na SS, co número de afiliado 45 325.

Era o encargado da deportación de xudeus da Hungría para campos de concentración.

Despois da segunda guerra mundial, Eichmann fuxiu para a Arxentina, pero foi localizado naquel país polo Servizo Secreto Israelí. Capturado en 1961, foi enviado a Xerusalén onde foi xulgado por crimes de guerra e condenado a morte na forca. Foi executado o 31 de maio de 1962.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads