Adolfo Morgade Pazos

médico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Adolfo Morgade Pazos
Remove ads

Adolfo Morgade Pazos, nado en Pontevedra cara a 1886 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.

O pobo non esquece.
 15 de setembro de 2007."[1]
Remove ads

Traxectoria

Estudou no Colexio de San Luís Gonzaga de Pontevedra. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1911[2]. Logo de casar en 1913 marchou a Buenos Aires, onde foi médico do Hospital Español[3]. Regresou en 1918 e instalouse como médico en Pontevedra e máis tarde en Vigo. Tiña casa en Borela (Cerdedo-Cotobade). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto e Marcial Araújo Conde.[4]

Remove ads

Vida persoal

Casou en Pontevedra con Pilar Cebral Barcia en 1913[5].

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads