Cerdedo-Cotobade

concello da provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Cerdedo-Cotobade
Remove ads

Cerdedo-Cotobade (á espera da oficialización da forma Cerdedo Cotobade[1]) é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[2]

Datos rápidos Localización, Capital ...

Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018)[3] e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.[4]

Remove ads

Xeografía

Demografía

Para os históricos de poboación anteriores a 2015 véxanse as páxinas do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade.

Máis información Evolución da poboación ...

Historia

Fusión Cerdedo-Cotobade

A principios de 2016 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[5] O 7 de xullo do mesmo ano os dous concellos desestimaron as alegacións sobre a fusión completando os trámites municipais.[6] A pesar dos rexeitamentos,[7][8][9][10] a fusión fíxose oficial o 18 de outubro de 2016.[11]

Votación da fusión

Cerdedo

Máis información VOTOS ...

Cotobade

Máis información VOTOS ...
Remove ads

Cultura

Thumb
Claustro do mosteiro de Tenorio.
Thumb
Petróglifos de Portela da Laxe

Toponimia

O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.

Cerdedo

Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras[12].

Cotobade

En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74). [13]

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico[14]

Patrimonio arquitectónico[15][16]

Etnografía

Festas e celebracións

Remove ads

Política e goberno

Até as eleccións municipais de 2019, o concello está rexido por unha comisión xestora de 20 membros. O presidente da xestora é o anterior alcalde de Cotobade, Jorge Cubela e o vicepresidente o de Cerdedo, José Balseiros.[19]

Eleccións municipais Cerdedo-Cotobade de 2019

Máis información Partidos políticos, Escanos ...
Remove ads

Galería de imaxes

Remove ads

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Remove ads

Lugares de Cerdedo-Cotobade

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads