Adrien Blanchet

numismático, arqueólogo e bibliotecario francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Adrien Blanchet
Remove ads

Jules Adrien Blanchet, nado o 8 de marzo de 1866 en París e finado o 27 de decembro de 1957 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e bibliotecario francés.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Adrien Blanchet naceu en París o 8 de marzo de 1866 nunha familia orixinaria de Normandía. De rapaz amosou interese polas moedas antigas; xa con 16 anos axudaba o arquivista do Museo de Pau na clasificación de moedas e logo introduciuse na numismática da man de Anatole de Barthélemy.[1] Blanchet cursou os seus estudos na École Pratique des Hautes Études de París e na École du Louvre (1891).[2][3]

En 1890 ingresou na Biblioteca Nacional de Francia, onde desde 1892 ocupou o posto de bibliotecario e a partir de 1895 foi bibliotecario honorario.[4][5] Alí traballou na inventariación de varias coleccións do Gabinete de Medallas, sinaladamente as moedas partas e as atenienses, e publicou en 1985 o catálogo da colección de bronces antigos, en colaboración con Ernest Babelon.[2]

Foi membro de numerosos comités de expertos, entre eles o que se encargou do estudo da organización dos museos de Alemaña e de Austria, en 1892.[5]

Durante a primeira guerra mundial participou como oficial voluntario e prestou o seu servizo en hospitais militares.[6]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Blanchet foi presidente da Sociedade Francesa de Numismática en tres períodos: 1903-1905, 1911-1912 e 1941-1942.[7][8] Presidiu tamén a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e a Sociedade de Historia de París e da Illa de Francia (1911-1912). Do mesmo xeito, durante longo tempo foi o presidente do Comité de Traballos Históricos de Ministerio de Instrución Pública de Francia.[2][5][9][10]

Ademais, foi membro doutras organizacións, como a Liga da Patria Francesa, a Sociedade Francesa de Arqueoloxía, a Sociedade Francesa de Heráldica e Sixilografía, a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1919) e a Académie des Sciences, Belles-lettres et Arts de Lyon.[2] No ámbito internacional, pertenceu tamén á Royal Numismatic Society, de Londres, á Sociedade Real de Numismática de Bélxica e á American Numismatic Society.[4][5]

No ámbito editorial, entre 1906 e 1956 dirixiu, xunto con Ernest Babelon, a publicación Revue Numismatique, da Sociedade Francesa de Numismática.[2][11][12] Tamén foi codirector da Carte archéologique de la Gaule (1931-1953) e foi membro do comité editorial da revista Gallia.[4][5]

Remove ads

Recoñecementos

Publicacións

A obra de Adrien Blanchet é moi ampla. Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa carreira:[5][15][16][17]

Numismática

Arqueoloxía

Outras

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads