Afonso

nome masculino galego-portugués From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Afonso[1][2] é un nome propio masculino galego. Provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). Adefonso é a única variante que admite a RAG.[2]

Datos rápidos Fontes e ligazóns ...

En xaneiro de 2023 existían 40 varóns en Galicia co nome Afonso, cunha media de idade de 39,1 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Adefonso.

Remove ads

Historia do nome

Durante a Idade Media foi un dos nomes galegos máis comúns; como peculiaridade con respecto aos outros nomes, non admite sufixo patronímico -ez, co que o patronímico (actualmente apelido) é idéntico ao nome propio. En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente como apelido a forma castelanizada cá propia.[4] Alfonso recollérono algúns dicionarios galegos de nomes como variante; como nome persoal, espallouse en Galicia a raíz da chegada a España da dinastía dos Borbóns, no século XIX, coa adaptación da forma francesa Alphonse.

Remove ads

Outras linguas

  • Afonso: portugués.
  • Alfonso: castelán, italiano.
  • Alfons: catalán.
  • Alonso: castelán.
  • Alphonse: francés.

Personaxes

Relixión

  • Santo Afonso Rodríguez: Tamén coñecido como Alonso Rodríguez, xesuíta español.
  • Santo Afonso Mª Liguori: misioneiro e teólogo italiano.
  • Afonso, bispo de Ourense: do século XII.

Monarcas

Remove ads

Personalidades

Respéctase o nome de procedencia de orixe (castelán, galego, inglés, francés etc).

  • Alfonso Álvarez Cáccamo: escritor galego.
  • Alfonso Álvarez de Villasandino: poeta castelán.
  • Afonso Lopez de Baian: trobador portugués da mediardes do século XIII.
  • Alfonso Cabeza: cirurxián e expresidente de fútbol español.
  • Afonso Eanes do Coton: xograr e trobador de orixe galega.
  • Afonso Fernández Cebolhilha: trobador galaico portugués.
  • Afonso Fernández Cubel: trobador de orixe portuguesa dos séculos XIII - XIV.
  • Alfonso Fuentes Barragan: revolucionario mexicano.
  • Afonso Gómez: ou Afonso Alvaro Gomez, trobador de orixes descoñecidas, crese que puidese ser de Castela.
  • Alfonso Gayoso Frías: escritor galego.
  • Alfonso Guerra: político español.
  • Alfonso Hernández Catá: escritor cubano.
  • Alfonso Lopes Vieira: poeta portugués.
  • Afonso Lopez de Baian: trobador portugués do século XIII.
  • Afonso Mendez de Besteiros: trobador portugués do século XIII.
  • Afonso Páez de Braga: trobador portugués do século XIII.
  • Alfonso Pons: coñecido co alcume de "Sito Pons", corredor español de motociclismo.
  • Alfonso Portillo Cabrera: político de Guatemala.
  • Alfonso Penela:arquitecto galego
  • Alfonso Reyes: escritor mexicano.
  • Alfonso Rodríguez Castelao (ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao): escritor e debuxante galego.
  • Alfonso Sastre: escritor e dramaturgo español.
  • Afonso Soarez Sarraça, ou Alonso Soarez Sança: trobador galego.
  • Alfonso Ungria: actor español.
  • Alfonso Valdés (ou Alfonso de Valdés): escritor español.
  • Afonso dos Santos, pseudónimo de José Manuel Cerqueira: Cantautor portugués.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads