Agana
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A agana (Galium verum L.), tamén chamada callaleite, herba coalleira, herba da agana, herba do agano, herba do rodico, herba dos aganos, preseira, presoiro e rodesno, é unha planta orixinaria de Eurasia que medra en terreos secos, preto do mar.
Remove ads
Descrición
É unha planta anual herbácea con rizoma moi ramificado, caule ergueito, de sección cadrada e altura moi variábel, desde 5 a 120 cm (ordinariamente, de 20 a 70 cm), con follas, estreitas e lanceoladas, agrupadas en verticilos de 4-12 follas, e flores pequenas, cruciformes, de cor amarela brillante, agrupadas en densos acios terminais, que desprenden un aroma agradábel, semellante ao do mel. En Galicia pódese ver especialmente nas montañas do interior.
Remove ads
Propiedades
- Sedante dixestivo.
- Empregouse en medicina popular para disolver cálculos renais.
- Tense recomendado para tratar a epilepsia.[1]
- Dioscórides escribiu que sandaba as queimaduras de lume.
- As flores usáronse como tinguidura para poñer os cabelos louros.
- Foi empregada para callar o leite no proceso de elaboración do queixo, ao que se deben algúns dos seus sinónimos populares
- No pasado reenchíanse os colchóns coas súas flores para que o olor das mesmas mataran, supostamente, as pulgas.
Remove ads
Taxonomía
Galium verum foi descrita por Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 107, no ano 1753.[2]
- Sinonimia
- Asterophyllum galium Schimp. & Spenn. in F.C.L.Spenner (1829).
- Rubia vera (L.) Baill. (1880).
- Galium verum var. typicum Rouy in G.Rouy & J.Foucaud (1903), nom. inval.
- Galium verum subsp. euverum Hyl. (1945), nom. inval.[3]
- Galium glabratum Klokov.
- Galium verum subsp. praecox (K.H.Lang) Petr.
- Galium verum subsp. verum
- Galium verum subsp. wirtgenii (F.W.Schultz) Oborny.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
